A nosa filosofía.
Identidade
En Clínica Dental 4 traballamos para alcanzar a excelencia. Estamos en constante aprendizaxe para atopar novas formas de desenvolvemento que nos permitan obter a mellor solución e estratexia. A nosa premisa diaria é coordinar todos os elementos para acadar o obxectivo final.

Excelencia

Perfección

En Clínica Dental 4 traballamos para ofrecer a mellor solución para cada paciente. A través dun equipo de profesionais especializados en cada área e equipados coas últimas tecnoloxías do sector, ofrecemos servizos odontolóxicos de vangarda que nos permiten realizar unha Odontoloxía mínimamente invasiva.

A integración de tecnoloxía avanzada, como o microscopio quirúrxico, a radioloxía 3D e o escáner intraoral, xunto coa constante evolución e desenvolvemento do noso equipo de profesionais lévanos a alcanzar mellores resultados.

Crecemento continuo

Cercanía e análisis crítico

Dende o primeiro día de actividade da clínica, unha das nosas señas de identidade foi o trato próximo e a individualización de cada paciente.

Día a día avaliamos e intentamos mellorar os nosos procedementos en busca do perfeccionamento a través da optimización dos nosos procesos para acadar a máxima satisfacción dos nosos pacientes.

Todo iso desenvólvese nun ambiente o máis familiar e próximo posible. Unha relación de confianza entre profesional e paciente como clave para o éxito conxunto.

Compromiso

Responsabilidade e autodisciplina

Na Clínica Dental 4 sabemos que cada movemento conta, por iso unificamos todos os nosos principios e valores para proporcionar un coidado dental rigoroso e profesional.

Equipo Médico

Dr. Pedro A. Barreiro

– Licenciado en Odontoloxía.
– Especialista en Endodoncia Avanzada USC.
– Experto en Implantoloxía Oral USC.
– Profesor Máster ENDORE da USC.
– Membro do CSR da “European Association for Osseointegration”.
– Colaborador Aula Dental Avanzada.

Lucía Villar Romero

– Licenciada en Odontoloxía USC.
– Máster Internacional de Endodoncia Avanzada.
– Especialista en Estética e Rehabilitación Oral.
– Especialista en Odontopediatría pola SCOE.

María Carneiro Garrido

– Licenciada en Odontoloxía.
– Máster Universitario de Ortodoncia UAX.
– Certificación en Invisalign.
– Certificación en Sistema Damon.
– Membro da Sociedade Española de Ortodoncia (SEDO).

Flavio Seijas Naya

– Licenciado en Odontoloxía USC.
– Máster en Medicina Oral, Cirurxía Oral e Implantoloxía.
Doutor en Odontoloxía USC.
– Profesor colaborador do – Máster en Medicina Oral, Cirurxía Oral e Implantoloxía da USC.
– Profesor colaborador do Experto Universitario en Implantoloxía da USC.

María Basoa Moreno

– Grao Superior de Hixiene Bucodental.
– Grao medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Ania Hernández Hernández

– Ciclo formativo de Grao Superior de
Hixiene Bucodental.

Giovanna Teijido Martínez

– Técnico Auxiliar de Enfermaría. Auxiliar e Recepcionista de Clínica Dental.

Aroa Castro Laplaña

– Graduada en Socioloxía.
– Grao Superior en Hixiene Bucodental.

Florencia Julieta Gayo Morales

– Graduada en Odontoloxía pola USC.
– Máster de Formación Permanente en Periodoncia da USC.
– Diploma de Especialización UCM-SEPA de Metodoloxía de Investigación en Odontoloxía.
– Socia da Sociedade Española de Periodoncia e Osteointegración (SEPA).

Martin Atrio Nieto

– Graduado en Odontoloxía USC.
– Máster Internacional teórico-práctico de Endodoncia Avanzada, Odontoloxía Restauradora e Estética – ENDORE USC.
– Socio de AEDE e SEPES.
– Profesor colaborador do Máster ENDORE USC.

Formación

Sempre en constante formación

Estar en constante busca da excelencia levou ao Dr. Pedro Barreiro e a outros membros do equipo a ser profesores colaboradores en diferentes áreas da Odontoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Ademais de asistir e impartir diversos cursos e congresos de formación en Odontoloxía, o Dr. Pedro Barreiro colabora tamén coa plataforma “Aula Dental Avanzada”, dedicada á formación en odontoloxía.

Un constante feedback entre ensino e aprendizaxe.

Falamos!
Contacto